lunes, 8 de noviembre de 2010

Última hora das actividades de Gradiant

  • As actividades de Gradiant da Semana da Ciencia 2010 están tendo moi boa acollida
  • Centros de toda Galicia interésanse polas actividades de divulgación de Gradiant 
  •  
     

    As prazas para os obradoiros de "Enxeñeiros por un día" están xa esgotadas. A actividade "Descubrindo Internet" conta aínda con algunhas prazas libres, pero dádevos présa, porque estamos a recibir chamadas a diario de centros de toda Galicia. Lembrámosvos que esta actividade inclúe, ademais das charlas, un obradoiro práctico e un xogo de rol, para que os asistentes coñezan o funcionamento de internet "por dentro". Igual que no caso de "Enxeñeiros por un día", Gradiant encárgase dos traslados. Se estades interesados, poñédevos en contacto con nós no correo actividades@gradiant.org ou a través do 986 81 86 37.

    Por outra banda, lembrámosvos tamén que aínda estades a tempo de presentar os vosos traballos ao II Certame de Relatos de Ciencia Ficción de Gradiant e gañar unha Xbox co novo Kinect ou unha Nintendo DS.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario en la entrada